Da taberna da Marola ao Restaurante Bacelo

Da taberna da Marola ao Restaurante Bacelo
05 de Xaneiro, 2025 - 10:12 h. | Publicada por Radio Fene

Propoñemos unha viaxe pola gastronomía da comarca. Transitamos entre a lembrada Taberna A Marola de Fene e o Restaurante Bacelo de Ferrol. Alejandro Martinez e Mar López rexentan o Restaurante ferrolán Bacelo na rúa Dolores, 44. Ten mención na guía Michelín como establecemento recomendado.

Fotografia Xan Xe

Croquetas de centolaTom Yum con satay de cacahuete. Ovo á Baixa temperatura, puré de cebola, Chourizo ceboleiro e grelos. Canelóns de congro en caldeirada. Son algúns dos pratos que ofrecen neste establecemento aberto en 2021. Alejandro e Mar formáronse no Centro de FP Fraga do Eume. Son un exemplo da calidade que exporta o centro. El traballou no Vanesa. Ela na Gabeira. Gañaron en 2022 e 2024 o concurso de tapas de Ferrol “Tapeate”.
A Marola
En Fene, na taberna A Marola foi un clásico da gastronomía. Situada detrás da antiga Casa do Concello era dos pais de Xoanqui Ameixeiras. Alí tomou as primeiras leccións de cociña. “O bisté da Marola era unha sardiña”. Na Marola non entraba carne, por decisión consciente. “Meu pai foi o cerebro, non tiña nada que ver coa gastronomía, era militar, estivo embarcado no Cruceiro Canarias, destinado na Comandancia de Mariña...pero era un cu inquedo. A vantaxe que lle deu viaxar tanto é que se meteu en canta cociña había, de portos e tabernas, viña con moitas ideas…” lembra Ameixeiras. 

 

Imaxe Xoanqui Ameixeiras. 

Fotoggrafía Xan Xe
 

Sociedade

Publica o teu comentario agora