DalleQlibras, 3 anos iluminando o país

DalleQlibras, 3 anos iluminando o país

18 de Febreiro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

DalleQlibras celebra o seu terceiro aniversario cunha festa o mércores 20 de febreiro, no Forum Celticum de Culleredo. Haberá  intervencións de Isabel Risco e Antón Tenreiro, música en directo co trío de cámara As Lens e un aperitivo para tod@s. DalleQlibras segue a "facer realidade o incríbel e visíbel o imaxinario..."

 

Xa van 3 anos desde que DalleQlibras S.L. comezara a súa andaina coa intención de ofrecer servizos e espectáculos nunca antes vistos en Galicia. Por sorte, este obxectivo fíxose realidade en diversas ocasións, xunto con outros nin sequera imaxinados por eles mesmos@s. Orgullos@s desa traxectoria, queren celebrar con amig@s, clientes, provedor@s e colaborador@s, que despois de 3 anos siguen aí.
Sociedade