Dani Bellón e Diego Maceiras ensinan musica a 1400 estudantes ferroláns

Dani Bellón e Diego Maceiras ensinan musica a 1400 estudantes ferroláns

29 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Preto de 1.400 alumn@s de Educación Primaria de dez centros de ensino público de Ferrol participan nos concertos didácticos que Bellón Maceiras Dúo ofrece hoxe e mañán, luns 29 e martes 30 de novembro  e o 13 de decembro no Teatro Jofre. Ao longo destas sesións os rapaces e rapazas achegaranse á música popular galega, aos instrumentos e aos ritmos galegos, entre outros aspectos.

A resposta dos centros educativos da cidade a esta iniciativa didáctica foi excelente. A agrupación Bellón Maceiras Dúo, integrada por Daniel Bellón e Diego Maceiras, leva xa moitos anos traballando xuntos na procura de dignificar os seus instrumentos -a gaita e o acordeón-, así como toda a música galega. Unha música que a través destes concertos tratarán de achegar aos alumn@s cos que interactuarán.

Dende o 15 de setembro rexentan a nova escola de Musica ubicada na rua Antonia Montero de Perlío- Fene, onde se ensinan estre outros instrumentos, a gaita, o acordeón, a guitarra e percusión. Clases moi prácticas para todolos niveis de apredizaxe. 

Sociedade