Danos polos temporais

Danos polos temporais
05 de Febreiro, 2026 - 02:21 h. | Publicada por Radio Fene

Fene tamén sofre as consecuencias da sucesión de temporais. O Concello pechou o acceso ao paseo marítimo de San Valentín tras un desprendemento, segundo informou en Radio Fene a alcaldesa, Sandra Permui, que xa xestionou para mañá unha visita con responsables do Departamento de Costas.

ESCOITA O PODCAST:

“Rogamos á cidadanía moito coidado, que respecten as indicacións da policía, non se debe ir por alí”. O Concello de Fene vén de pechar o paseo de San Valentín, logo de que se desprendera parte da estrutura pola zona da rampla como consecuencia dos sucesivos temporais rexistrados nas últimas semanas.  A alcaldesa, Sandra Permui, pide a máxima precaución á veciñanza e pide que se respecte a sinalización, pois o tránsito pola zona afectada supón un risco para a seguridade das persoas. 

Sandra Permui xa informou esta mañá dos danos causados na infraestrutura á Demarcación de Costas. Mañá mesmo, a primeira hora, manterá unha reunión de urxencia no propio emprazamento con representantes de Costas. “Fene merece un paseo novo, levamos moito tempo investindo cartos no mantemento e necesitamos unha actuación integral no paseo”, destacou a alcaldesa.

Institucional

Publica o teu comentario agora