ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O Concello de Fene avanza na revisión da normativa urbanística e mentres non remata o proceso, que levará varios anos, valora facer algunhas modificacións puntuais do actual PXOM para dar unha solución rápida a algúns problemas que expón. Anunciouno o primeiro tenente de alcaldesa e voceiro do BNG, Manuel Polo, en declaracións a Radio Fene.

Permanece aberto ata o día 17 deste mes o prazo para a presentación de ofertas dos estudos de arquitectura interesados en facerse cargo da revisión do PXOM de Fene. Cúmprense así os prazos previstos polo Concello, que sacou a licitación a prestación deste servizo tras o acordo adoptado polo Pleno da Corporación Municipal. Pero os traballos para a revisión do Plan Xeral “durarán ao redor de 4 ou 5 anos e mentres tanto a vida segue”, así que a Concellería de Urbanismo valora resolver neste tempo con modificacións puntuais algunhas problemáticas urbanísticas que lle afectan a veciñanza, explicou o tamén concelleiro de Urbanismo.
“Son problemas que facendo unha modificación puntual pódense arranxar en cuestión de meses, sen ter que agardar os varios anos que tardará a revisión completa do PXOM”, sinalou Manuel Polo. É o caso das vivendas construídas nos anos 70 e 80 do pasado século como bifamiliares. Unha casa con dous pisos e cadansúa vivenda, autorizadas polo Plan Xeral anterior e que o actualmente vixente non contempla, o que impide facer unha división horizontal, rexistralas como vivendas independentes ou dalas de alta no Catastro cando se produce unha herdanza. O PXOM actual permite unificación non a súa división. Recoñecer o que existe. Ademais o actual plan obriga a anexar todos os garaxes e alpendres. O anterior o contrario, separar. A modificación sería para permitir que se poidan facer edificacións complementarias á vivenda principal sen necesidade de anexar.
Publica o teu comentario agora