Dario Soto, subcampión galego de campo a través

Dario Soto, subcampión galego de campo a través

06 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Estou moi contento de que se valore o que fago, afirmou esta mañá o atleta de campo a través Dario Soto despois de que o alcalde de Fene lle ofrecese unha recepción oficial en recoñecemento dos títulos obtidos polo deportista.

O alcalde de Fene amosouse fachendoso de ter un veciño que destaca no deporte. Afirmou que dende a institución municipal tentas difundilo e potencialo. E é un orgullo que un veciño leve despois o nome do cocnello por aí adiante. Dario Soto proclamouse campión galego por equipos xuvenil, subcampión galego de campo a través e cuarto no Campionato de España de pista cuberta en 2000 metros lisos. A concelleira de Deportes Carmen Silvar e o alcalde de Fene Iván Puentes entregáronlle agasallos en nome da Corporación local.

Deportes