Darlle sentido á realidade

Darlle sentido á realidade
28 de Outubro, 2022 - 12:09 h. | Publicada por Radio Fene

“Penso que vivimos nunha sociedade na que a realidade virtual está tan presente que non resultaría difícil integrala nas nosas vidas ata un punto un pouco insá. É algo que se aborda nesta historia, como ese mundo virtual pode ter moitas vantaxes, moitos beneficios, pero tamén esa outra parte un pouco máis desacougante, máis difícil de comprender para esta rapazada”. Así falou en Radio Fene a escritora Andrea Maceiras, a nosa convidada esta semana no Clube de Lectura 

 

ESCOITA O PODCAST:

Escoita aquí a Andrea Maceiras falando da súa obra

http://173.255.131.18/audio/281022MACEIRAS.mp3

Fotografía Xan Xe

Andrea Maceiras presentou esta semana no espazo literario do programa A Fenestra, a novela “Que me pare o corazón se te esquezo”, que recibiu o Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil, instituído pola Deputación da Coruña. O feminismo constitúe “un valor esencial, presente, aínda que non sexa de maneira explícita, en todas as miñas obras” afirma a escritora. O papel da literatura “unha das grandes preguntas que nos facemos autores e lectores, para min serve para darlle sentido á realidade”. A literatura infantil e xuvenil “a máis importante de todas, os textos que máis me marcaron, esas historias primeiras son as que máis pegada me deixaron na miña configuración lectora”. Á hora de escribir “a forma na que eu a abordo é sobre todo respectuosa, eu non quero estar por riba da persoa lectora, quero estar ao seu lado, como unha igual, mirando aos ollos desde moi preto ”. 

 

Fotografía Xan Xe

Cultura

Publica o teu comentario agora