ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Tae Kwon-Do vilalbés segue de noraboa. Ao éxito do pasado Campionato Galego Cadete, que se saldou con dúas medallas para os loitadores do Moo Duk Kwan Janice López Castelo e Javier Montes Carracedo, súmase o subcampionato en menos de 41 quilos categoría cadete que ven de acadar David Ansede no Open de Arrigorriaga.
O taekwondista vilalbés, pertencente ao club Moo Duk Kwan, dirixido por Antonio Montes, conseguiu a prata despois de gañar tres combates antes de pasar á final, vencendo nos previos ao campión galego. David Ansede participou neste torneo xunto con Janice López Castelo, que loitou en menos de 37 quilos, pero que non pasou do primeiro combate.
O Open de Arrigorriaga dispútase na localidade vasca do mesmo nome e é o campionato cadete mais importante que se celebra en España, á marxe do propio Nacional da categoría. O obxectivo principal da participación dos dous loitadores foi a de adquirir experiencia nun evento deportivo de importancia, ademais de coller puntos para que Janice López poida asistir ao campionato de España, segundo se admitiu desde o club chairego.