David Attenborough recolle en Santiago o III Premio Fonseca

David Attenborough recolle en Santiago o III Premio Fonseca

17 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

O naturista británico David Attenborough recollerá mañá en Santiago o Premio Fonseca 2010 de divulgación científica, polo seu papel pioneiro na difusión da vida salvaxe. Este divulgador científico, figura mundial na realización de programas sobre natureza, colle así o relevo de Stephen Hawking e James Lovelock na consecución de este galardón, que chega a súa terceira edición.

o acto de presentación ante os medios de comunicación, onde estivo acompañado polo director do programa ConCiencia, Jorge Mira, Attenborough alertou da existencia dunha crise da diversidade de especies naturais e animais en todo o mundo, e pese a sinalar que a historia da comunicación natural sempre estivo marcada por desastres, o científico británico incidiu en que o medio ambiente nunca estivera tan ameazado como na actualidade.
 
Asemade, o galardoado apostou polas enerxías renovables e indicou que o crecemento da poboación humana non debe expandirse sen límite, aínda que rexeita que os Estados deban controlar o dereito das persoas a ter fillos.

David Attenborough asistirá mañá ao acto de entrega deste III Premio Fonseca de divulgación científica, que se celebrará a las 20.00 horas no Auditorio de Galicia e onde impartirá unha conferencia sobre os “Paxaros do Paraíso”.

Sociedade