ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Os Cines Dúplex albergarán este mércores, no marco do ciclo Inverno de Cine, un dos fitos do cinema da década dos 80: a película “Labyrinth”, que conta no papel protagonista co mítico David Bowie. Tamén a curtometraxe “Os señores do vento”, de Xurxo González. Así o avanzaba esta mañá a concelleira de Cultura, Mercedes Carbajales, ao tempo que animaba á cidadanía a asistir
Dentro do xénero fantástico e rodada no ano 1986, “Labyrinth” narra as peripecias dunha moza chamada Sarah para recuperar ao seu irmán Toby. Para iso terá que resolver xogos mentais e difíciles acertixos e mesmo sortear as innumerables trampas que lle tende o Rey Goblin, que é quen ten retido ao pequeño. Dirixida por Jim Henson, o creador dos teleñecos e respaldada por George Lucas, conta no seu reparto ademáis de co polifacético David Bowie, coa actriz Jennifer Connelly.
Respeto da curtometraxe “Os señores do vento”, trátase dun documental no que se expón a actividade creativa máis importante realizada no Concello de A Garda na última década. Os seus protagonistas son un grupo de señores maiores, coñecidos como Os Señores do Vento, que son os responsables dun inxenio no que se mistura a intervención na paisaxe e a arte cinexética.
Así mesmo, Mercedes Carbajales explicou que o ciclo continuará o vindeiro 25 de febreiro coa obra Henry Selick “James and the Giant Peach”, unha fermosa película de animación que parte dun relato do escritor Roald Dahl. A elas sumaráse a curtametraxe “Cinco Historias de Amor”, de Mariano Casas. E xa en marzo, está prevista a proxección de obras dalgúns dos directores máis vangardistas dos últimos anos, con xoias de David Lynch, David Cronenberg, Spike Jonze e Vincent Galo. Será un mes adicado á sempre presente temática da personalidade, no que se percorrerán terreos de escuridade, mais cun espazo para visións máis doces do mesmo tema. Destacan tamén as curtametraxes galegas de última xeración “Cientos de cerillas quemadas sobre un viejo mantel de hule”, “O hospital”, “O Conxuro” e “O Cazador”.
Finalmente, Mercedes Carbajales lembrou que Inverno de Cine é unha proposta da Concellería de Cultura que permite disfrutar dunha selección das mellores cintas do cine menos comercial, así como do traballo daqueles galegos e galegas que se poñen detrás da cámara, pero cuxos traballos en moitos casos nunca chegarían a verse nunha sala da súa terra.