De Ares a Chanteiro e viceversa

De Ares a Chanteiro e viceversa
05 de Abril, 2021 - 12:58 h. | Publicada por Radio Fene

A Deputacion da Coruña licita a segunda fase das obras de ampliación da estrada Ares-Chanteiro, cun investimento de 678.951 euros para ampliar a plataforma ata os 7 metros de ancho e construir sendas que garantan a seguridade dos peóns. O proxecto dará continuidade ás obras da primeira fase, completando e uniformando unha actuación integral de ampliación e mellora no vial.

A Deputación da Coruña vén de sacar a licitación pública a segunda fase das obras de ampliación e mellora da seguridade vial da estrada DP 0402 Ares-Chanteiro, que contarán cun orzamento de 678.951,33 euros. A este orzamento hai que sumar os 47.102,30 das expropiacións xa efectuadas para poder levar a cabo os traballos, polo que o investimento total do proxecto ascende a más de 726.000 euros. O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destaca que coa licitación das obras, o Goberno provincial “cumpre o compomiso adquirido co alcalde e coa veciñanza de Chanteiro de dar continuidade ás obras xa realizadas nos primeiros 3,6 quilómetros do vial e completar a mellora da seguridade ao longo de toda a estrada”.

Pola súa banda, o alcalde de Ares, Julio Iglesias Redondo, manifestou a súa satisfacción por este avance “que supón dar luz verde definitiva a unhas obras que responden a unha reivindicación histórica dos veciños e veciñas de Chanteiro e que permitirá mellorar a seguridade tanto dos vehículos coma dos peóns nun tramo do vial que actualmente é moi estreito e que rexistra un importante volumen de tráfico”.

Plataforma de sete metros e sendas peonís

Nesta segunda fase, ampliarase o tramo que vai do PK 3+700 ao 4+700, que aínda conta cunha plataforma de só cinco metros de ancho o que dificulta a circulación, especialmente cando se cruzan dous vehículos de gran tamaño. Ademáis carece de zona habilitada para a circulación de peóns. Para solventar estes problemas, as obras permitirán ampliar o vial ata os 7 metros de ancho, con sobreanchos nas zonas de gran curvatura para facilitar o xiro dos cohes. Ademáis incluiranse beiravías e sendas peonís en ambas marxes dende o pk 3+700 até o 4+450 e só pola marxe dereita nos últimos 300 metros deste tramo da estrada.

Os traballos suporán a continuación das obras da primeira fase, coa mesma tipoloxía de sección e os mesmos materiais, completando e uniformando unha actuación integral de ampliación e mellora no vial.

(Na imaxe de arquivo, reunión do presidente e alcalde de Ares coa veciñanza de Chant eiro en 2019)

Institucional

Publica o teu comentario agora