De Barallobre a Santiago de Compostela

De Barallobre a Santiago de Compostela

17 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Duas profesoras de Galego e Historia acompañaron ao alumnado de 1º da ESO do Instituto de Ensino Secundario de Barallobre Fene (A Coruña) na súa visita a Santiago de Compostela e a Vila de Cruces (Pontevedra). Asistiron a unha explicación sobre a construcción da catedral compostelana e logo viaxaron á Fundación Neira Vilas ubicada no lugar de Gres.

Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda departiron cos rapaces e rapazas e contestaron ás súas preguntas sobre a emigración en Cuba e en torno á literatura galega.

Sociedade