De Barcelona a Pontedeume

De Barcelona a Pontedeume
24 de Abril, 2023 - 10:04 h. | Publicada por Radio Fene

“O feito de ter mirado cara á tradición e nós non coñecela é algo motivador”, afirma Diego Veiga, cantante e guitarrista de Moura no programa Sons de Nós. Escoita aquí a entrevista completa.

ESCOITA O PODCAST:

'Axexan, Espreitan' é o título do segundo traballo dunha das bandas de rock máis interesantes do panorama estatal. Temas a medio camiño entre a neo-psicodelia, o rock progresivo, o kraut-rock e o folklore galego como Baile do dentón ou Romance de Andrés d'Orois forman parte deste disco sobre o que falamos en Radiofusión. ”Dixemos: en vez de facer o típico disco, imos a darlle unha volta e mirar nas nosas raíces e iso é o que pretendemos seguir facendo”. Moura ten completa a súa axenda de concertos. O pasado 14 de abril actuaron en Barcelona, o 6 de maio estarán en Pontevedra e sábado día 27 do mesmo mes ofrecerán un concerto no Guión Clube de Pontedeume.

Na imaxe, os compoñentes de Moura.

Fotografía: @leolopezfoto

 

Cultura

Publica o teu comentario agora