ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
“Ten unha equipa moi compensada e foron superiores a nós en todas as liñas, de cabo a rabo”, recoñece o adestrador do Maniños, Xurxo Rodríguez. Muxía 7-0 Maniños na Segunda División Galega do fútbol feminino.

Non causou sorpresa a vitoria do Muxía que ten varias xogadoras sobresaíntes. Cousa distinta é o avultado do marcador. Cinco dos goles foron marcados pola mesma xogadora. “Non é soamente ela, que ten moito instinto de gol, no medio do campo teñen dúas xogadoras que son totalmente determinantes”, destaca o adestrador do Maniños. Ao seu equipo tócalle agora recompoñerse para seguir pelexando e preparar a nova cita o domingo no Pote contra o Dumbría.
Publica o teu comentario agora