De cando a democracia abandonou Trives

De cando a democracia abandonou Trives

02 de Xuño, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Son de Trives acusa ao alcalde da localidade Francisco José Fernández Blanco  (Agrupación Trivesa Independiente) de abandonar a democracia. "Vostede fala se eu o permito, e levanto a sesión cando me veña en gana" afirmou o rexedor,despois de negarlle o dereito de réplica ao concelleiro da oposición. Nas últimas eleccións municipais ATI logrou sete concelleiros por tres do PP e un de Son de Trives.

 O pleno do concello de Trives celebrado o martes, 31 de maio, parecía trancurrir con corrección e normalidade: Tomaronse varios acordos aprobados por unanimidade como a rebaixa do concello da súa participación en MEISA, o apoio á creación dun centro público de atención a persoas con diversidade funcional en Ourense, a moción de Son de Trives instando a evitar o uso de herbicidas con glifosato no termo municipal de A Pobra de Trives, a moción de Son de Trives para declarar a oposición do concello aos tratados de libre comercio (TTIP, CETA, EPA, TISA): o que ben sendo o desenvolvemento normal dun pleno; tendo en conta a "escaseza" de turnos de réplica que o alcalde concedeu aos membros da oposición, mais un pleno correcto... Pero ao chegar aos rogos e preguntas cambiou a cousa, dando lugar ao titular que acompaña esta nova: a democracia e a transparencia abandoaron o concello, exemplificando unha forma de goberno contraria a calquera democracia: Ata 9 solicitudes e preguntas formulou o concelleiro de Son de Trives, Jorge Vázquez, aproveitando a única oportunidade que se lle deu de respostar ás exposicións do equipo de goberno, sen obter resposta a ningunha, a pesares da insistencia por parte do alcalde ao longo do pleno na transparencia e no acceso libre á información, aspecto cuestionable tal e como se pode aprezar no devir deste pleno, onde o alcalde deixou ver de novo o seu xeito de entender a democracia ao negarlle o turno a réplica novamente, e excusandose en que o concelleiro falara sen permiso ao rebater o argumento do alcalde: "vostede fala se eu o permito, e levanto a sesión cando me veña en gana", expulsouno da sesión plenaria. Cando as diferenzas de opinión levan a un alcalde a expulsar a un concelleiro dun pleno, podese falar de moitas cousas e por moitos nomes, mais non "democracia", nin "transparencia na xestión municipal", e esta, por desgraza é unha situación que non se da so neste concello, senon en moitos outros, por eso é preciso visibilizalas, porque eso si é practicar a democracia e a transparencia, non so de palabra, senon tamén con feitos...

Sociedade