De cans e gatos

De cans e gatos
14 de Setembro, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Os animais que se destetan precozmente, separados da nai precozmente, poden desenrolar problemas de comportamento”, explicou en Radio Fene a veterinaria etóloga Noemí Graña. 

 

ESCOITA O PODCAST:

“Vémolo moitísimo en gatos e cans”, indica a especialista. Moitos cans e gatos desenvolven problemas de comportamento debido a que foron destetados antes de tempo. Carecen de control de impulsos e teñen baixa tolerancia á frustración. Practicar aos poucos e con xogos relaxantes, por exemplo exercicios de olfato agochándolle un pratiño con algo de comida húmida, son algunhas das recomendacións que lle deu Noemi Graña a Tino, que escoita a sección de Radio Animal desde Asturias.

“Os gatos xogan en ciclos curtos de tempo, estar todo tempo co mesmo xoguete non é bo. Preferible xogar un pouco, descansar, e outro pouco con outra cousa”, aconsella Noemí que non ve problema en compartir a cama coa mascota.“Non ten nada de malo, teñen que estar vacinados e des-parasitados. se teñen boa hixiene non hai problema, reforza o vínculo” e conclúe “na casa de cada un manda cada un, non é obrigatorio nin imprescindible”.  

Sociedade

Publica o teu comentario agora