De cerdeiras e cereixas

De cerdeiras e cereixas
07 de Maio, 2021 - 08:00 h. | Publicada por Radio Fene

Hai no mundo milleiros de clases de cereixas. En Galicia, as mellores e máis abondosas son as de Quiroga e o Val de Lemos.

A cerdeira é a árbore das cereixas, de madeira vermella moi prezada. A técnica de enxertar as cerdeiras tróuxoa o xeneral romano e gran gastrónomo, Lúculo, dende Anatolia moi preto de Troia. As árbores serviron para mellorar as foitas das cerdeiras e dos sanguiño silvestres que cando florecen anuncian o bo tempo e os malos. A historia das cereixas ten moito que ver con Lúculo, amigo de César e de Cicerón. Cando comía na súa casa, sen convidados, previña aos cociñeiros “Esmerádevos no voso fogón, porque hoxe Lúculo come na casa de Lúculo”.

Foi un avanzado agricultor que levou ao mundo romano, dende Anatolia, as guindas e outras cereixas das chamadas merizas, da cerdeira silvestre e da que da cereixas doces. Coñeceu a técnica do enxerto no guindo, tamén troixo os melocotóns e mesmo o faisán que atopou en Persia, segundo conta Fauto Galdo no Abecedario das mantenzas.

Hai no mundo milleiros de clases de cereixas. En Galicia, as mellores e máis abondosas son as de Quiroga e o Val de Lemos.Cunqueiro solicitou ao anterior cronista de Mondoñedo un informe sobre as cereixas máis común na Mariña luguesa. Lence, que era médico, contestoulle: “Temos cereixas de cedo que se venden a finais de abril; as molariñas; brancas de rabo largo; branca do rabo curto;as mourás;as de terra do viño;as sampaíñas e as pedresas, e aínda as ambroesas e as garrafais”.

Disque as cereixas son sas, que axudan a botar fora o acido úrico. Lavadas e frescas xántanse collidas polo rabo no almorzó, na sobremesa e na merenda, mesmo cun codio de pan. As xentes larpeiras tómanas con azucre ou con leite, como os amorodos. Os licores de creixas son moi saborosos. Fausto Galdo recolle estas reflexión:

“As cereixas e mais as malas fadas, cóllense poucas e veñen ás presadas”

“Dende as cereixas aos nabos, ben estamos. Dos nabos ás cereixas, todo son queixas”.

"Cereixas e mentiras, unhas doutras tiran”.

“De menos lle fixo Deus o rabo ás cereixas”.

Cultura

Publica o teu comentario agora