De cine

De cine
27 de Marzo, 2024 - 09:29 h. | Publicada por Radio Fene

Fene celebra o éxito de dous profesionais do audiovisual galego que están de noraboa. Forman parte do equipo do documental “Os espazos en branco”, gañador do Premio Mestre Mateo ao mellor documental galego. Maite Martínez Prieto, axudante de produción, e Iván Castro, do equipo de iluminación, traballaron na cinta galardoada. Conversamos en Radio Fene con Maite Martínez sobre a obra premiada e a súa traxectoria profesional

ESCOITA O PODCAST:

Unha das localizacións nas que foi gravado o documental de Bruno Arias é o Cine Adriano. Fene comparte así protagonismo con outros escenarios da película como Vigo e Sarria. “Os espazos en branco” fan alusión á obra de Xela Arias, pero tamén representan as lagoas que o director tenta encher para saber máis da súa tía, que finou sendo el un neno. Na gran gala do audiovisual galego foi galardoada cun “premio merecidísimo, estamos moi contentos todos”, declarou a Radio Fene Maite Martínez que agora mesmo está a traballar noutro proxecto en Madrid, pero a punto de facer xa a maleta de volta a Fene

Cultura

Publica o teu comentario agora