ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Tres días de ofertas especiais no comercio de Fene. Venres, sábado e domingo son as datas nas que se celebra a nova edición do Outlet de Fene. Máis detalles na conversa que mantivemos coa concelleira de Promoción Económica, Ángeles Coira.

“O comercio é unha peza clave na economía do Concello”, destaca a concelleira Ángeles Coira, que anima á veciñanza a aproveitar a celebración do Outlet para beneficiarse dos grandes descontos nos negocios participantes.
Do venres 4 ao domingo 6 temos por diante tres días nos que podemos aproveitar para renovar o armario con prendas a baixo prezo e tamén para coñecer o avance da nova tempada. Nesta edición participan 18 establecementos comerciais. O horario do Outlet será de 10.00 a 13.30 horas e de 17.00 a 20.00 horas o venres e o sábado, e o domingo de 11.00 de 13.30 horas. Nesta edición participan os seguintes comercios: MasSport, DaMa, Bualá, El Baúl de Bego, Lencería Loly Calvo, Costuras Mercería e Lenceria, Calzados Locay, Mayka Moda, Koralli Boutique, Jomer, Kenia, Berline, A Tenda Agasallos, Dani Reparaciones y Complementos, Cáprica Comics y Juegos, Mi Pachú, Arrecendo e Luale114. Da animación nas rúas encargarase a A Charanga da Carmiña. Esta iniciativa de apoio ao comercio local conta co respaldo da Deputación da Coruña.
Publica o teu comentario agora