De Cuba para A Capela

De Cuba para A Capela
29 de Agosto, 2024 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Pedro Lamas naceu nas Neves na Capela en 1907. Tivo seis irmáns. Os seus pais son caseiros e un dia marchan e collen outras terras en arrendo en San Xoán de Filgueira. Despois el emigra para Cuba. A súa peripecia recóllea Xosé Neira Vilas no libro “Galegos no golfo de México”. A experiencia da volta á Capela recrearase o vindeiro domingo 15 de setembro dentro da xornada Tal como eramos 1948.

ESCOITA O PODCAST:

Secundino García, do Museo Etnográfico da Capela fala da xornada Tal como éramos 1948:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/280824GARCIA.mp3

Fotografía Andres Rifón

Hai 260 prazas e normalmente cóbrense sempre, segundo Secundino Garcia do Museo Etnográfico da Capela. 
Para o roteiro teatralizado, participan uns 50 actores e actrices afeccionados que lembran a memoria da xente que os precedeu. Baséanse nas actas do Concello da Capela de 1948 e tamén na memoria oral, cunha temática variada, con algún oficio, co humor presente, pero tamén a lembranza dos escapados. O resto do guión é un pouco de literatura. A luz chegou á Capela nos anos 40. Recrearase ese momento histórico con esta orixinal iniciativa. Tal como eramos en 1948. O roteiro teatralizado con 11 escenas nos arredores do Museo Etnográfico volve á Capela para recrear o acontecer vital, social e histórico dos homes e mulleres da zona naquel ano. Información e inscricións no correo info@museoacapela.gal
O prezo do xantar e do roteiro ascende a 28 euros.
 

Cultura

Publica o teu comentario agora