ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O club de montaña O Carroucho de Culleredo organiza unha marcha de sendeirismo polas terras de Carballo. Percorrerán os 22 quilómetros da ruta o sábado 12 de febreiro. Os interesados en participar neste roteiro teñen de prazo ata o 10 de febreiro antes das 15:00 horas. O prezo da inscrición son de 10 € para os socios e 15 € para os non socios e inclúe desprazamento en autobús e seguro de transporte.
A ruta percorre catro parroquias do concello de Carballo. Partindo de Brea crúzase o río Rosende e comézase a ascender ata Carracedo por pistas e bosques ata chegar ao lugar de Vivente. Desde aquí dirixiranse cara ao lugar de A Pena onde se subirá ata o Coto do Castro (castro celta sen escavar). A continuación, o camiño descende para chegar a Ramil e á primeira fervenza da ruta: a Fervenza de Rus.
Seguirase o camiño por bosques de piñeiros e eucaliptos ata chegar a Casal de Perros, desde onde se verá a igrexa barroca de Sta. Mª de Rus. Os seguintes pasos dirixiranse á parroquia de Entrecruces, pasando por varios lugares desta, para chegar á Fervenza de S. Xiao con 40 m. de caída; os que queiran poderán subir ata un miradoiro que se atopa no alto da fervenza. Xa neste punto, a 500 m., na igrexa de San Xiao rematará a ruta, tras percorrer 22 km. Pararase a almorzar en Carballo.
O roteiro inclúe sendas, sendeiros e algo de asfalto e conta cunha interese paisaxística e ambiental. A dificultade do percorrido vai de baixa, baixa media, media alta e alta. Recoméndase levar botas de sendeirismo, polainas e paraugas por si o tempo non acompaña.
Máis información: www.carroucho.org.