De feira, en Arzúa

De feira, en Arzúa
05 de Maio, 2019 - 09:45 h. | Publicada por Radio Arzúa

E niso estamos en Arzúa, e nos adentramos no feiral. Tamén se pasaban por Arzúa un oito ou un vintedous, os peregrinos de antano, irían á feira. Acaso tamén eles se sentarían nestas largas mesas de piñeiro blanqueado polos fregoteos da lixivia, a comer o polbo e a cortar pan de trigo, Recende a pan fresco a pila dos rotundos bolos.

Recinto feiral de Arzúa

Hai feira cabalar e de vacún. Subindo cara ela, na beirarrúa, están os postos das queixeiras. Ainda non é a hora dos bós queixos, das preciosas "tetillas", da flor mantequeira de Curtis, de Boimorto, de Melide. Sacos e sacos de fabas. 

Este pan é moi bó -dime unha muller- É de Cerceda. 

Sentámonos a picar un pouco de polbo, e pedimos pan de Cerceda, pero aquí non o teñen e nos din que é de San Miguel e que é tan bó. Un paisano que come polbo ao carón, dinos que antes había moi bós pans de centeo, pero que agora todo o mundo come pan de trigo. 

A polbeira é de Silleda e se chama Elena

Elena de qué? preguntollle (supoño que terá apodo)

- Elena de Silleda

´Queixome co paisano veciño de que Elena non me queira dicir o seu apodo, que seguro que o ten. O home, un sesentón delgado, sombreiro novo, bós dentes e excelente apetito, comenta sentencioso:

- Os alcumes dan moita facilidade.

(...)

ALVARO CUNQUEIRO. Faro de Vigo. 23 de outubro de 1962

Tamén en CUNQUEIRO, ALVARO. El pasajero en Galicia. Tusquets. Barcelona. 1989

Cultura

Publica o teu comentario agora