De Ferrol a Palestina

De Ferrol a Palestina
09 de Xuño, 2025 - 12:33 h. | Publicada por Radio Fene

Diferentes movementos intentan desbloquear a axuda humanitaria a Gaza. Coinciden en Israel Standing together, a marcha diplomática que promove Law for Palestina, un comboio que partiu esta mañá dende Tunez e a Marcha a pé do Cairo ao paso de Rafah que sairá a finais desta semana. Todas conflúen para que a axuda humanitaria poida entrar en Gaza. Inacio Martinez participa dende Ferrol xunto con Xan Lopes na marcha desde Exipto. Inacio veu a Radio Fene explicar o fondo desta iniciativa pacífica na que participarán máis de dúas mil persoas de todo o mundo. Falou tamén do secuestro da flota da liberdade, do barco Madlleen capturado pola Armada israelí en augas internacionais. 

ESCOITA O PODCAST:

Conversa con Inacio Martinez en Radio Fene:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/090625MARTINEZ.mp3

Inacio Martinez en Radio Fene

Inacio Martinez de sempre tivo presente a causa palestina. Agora con moito mais coñecemento da realidade e da historia. Entrou en contacto con un palestino afincado en Barcelona que promove a marcha a pé. Xunto a el outras trece persoas organizan a proclama. De Ferrol participan Inacio Martinez, e Xan Lopes co apoio da asociación Galiza- Vietnam.  

Sociedade

Publica o teu comentario agora