ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
En febreiro de 2012, Tui e Valença conformaron de forma oficial unha Euro cidade (acordo entre municipios vinculados dalgunha forma pero pertencentes a estados distintos dentro da Unión Europea). Un ano despois, da colaboración de ambas localidades nace o IKFEM (International Keyboard Festival & Masterclass Eurocity Tui-Valença).
Na súa 13ª edición o IKFEM contará con artistas como Antonio Orozco e Rita Rocha (nunha gala benéfica dirixida pola agrupación musical CaixaSon, unha iniciativa de La Caixa e o BPI para fomentar a cultura
inclusiva e accesible no noroeste peninsular), Milhanas en colaboración con Fillas de Cassandra e James Rhodes (prestixioso pianista e escritor británico amante de Galicia) entre outros concertos e actividades. Os escenarios escollidos para o espectáculo formarán parte do deleite visual, acompañando ao auditivo. Falamos da Alameda de Tui e a Fortaleza de Valença. Calquera que estea interesado en acudir ao festival, poderá atopar a compra de entradas e máis información na súa páxina web www.ikfem.com
Imaxe e texto: César Bravo Pereira
Publica o teu comentario agora