De festa por Barallobre

De festa por Barallobre
11 de Xuño, 2024 - 01:56 h. | Publicada por Radio Fene

A Sociedade Deportiva Barallobre anuncia a súa festa de fin de tempada. Será o vindeiro sábado 15 de xuño no campo do Ramo e incluirá un partido entre os modestos e os veteráns ás cinco da tarde. As oito e media churrascada con música a cargo de Isma Taboada e a DJ Nas Natalia. E necesario anotarse antes de mañá mércores doce de xuño. .

 

ESCOITA O PODCAST:

O presidente do Barallobre Victor Dominguez fala da festa do sábado:

http://173.255.131.18/audio/110624DOMINGUEZ.mp3

"Estamos moi satisfeitos do traballo do adestrador, dos xogadores e tamén do equipo de veteráns" indica o presidente do Barallobre Victor Dominguez. Para o verán preparan traballos de acondicionamento no campo de fútbol do Ramo e non desbotan outros proxectos sociais e deportivos que ainda non queren desvelar.

 

 

Deportes

Publica o teu comentario agora