De flores e cemiterios

De flores e cemiterios

31 de Outubro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O crisantemo seguirá reinando por defuntos nos cemiterios, porque é a flor emblemática dos camposantos e ademáis unha das máis económicas xunto cos caraveis. A pesar da crise, a xente volve esmerarse en mercar flores e as floristerías teñen moito traballo dende hai días. Mañán á mañá abrirán as súas portas para entregar os últimos traballos florais. A rosa é unha das flores m&aa

Cada ano por estas datas achegámonos a unha floristería para ver o comportamento da xente con respecto ás xornadas de Defuntos e Todolos Santos. Confírmamos que a encarga de flores é similar á do ano pasado e que non se escatima tanto no prezo das flores en días como estes. Na floristería Azalea, fronte á casa do cocnello de Fene, falamos esta mañá con Xosé Manuel Dobarro, de flores, de prezos e de encargas.

O concello de Fene ten todo listo no cemiterio municipal de para que dende esta tarde luza como nunca diante das numerosas visitas que recibirá xa hoxe venres, sabado e domingo. O cemiterio público permanecerá aberto mañá e tarde nas xornadas festivas para facilitar a afluencia que é moi elevada eses días.O transporte ao campo da Arca xa funciona esta tarde, con saída ás 4.

Cemiterio Municipal de Fene

O cemiterio municipal de Fene construíuse en sucesivas fases. A primeira, iniciada en xaneiro de 1978 pola Corporación presidida por Antón Pena, reduciuse á explanación, construción do peche, portas, a capela e os anexos. Encargouse do deseño urbanístico do camposanto ao arquitecto Felipe Peña Pereda quen falando dos criterios que presidiron o seu traballo, dí que: “O máis importante era incluír símbolos contemporáneos, referencias da arquitectura do seu tempo, sen que fose un cemiterio confesional, senón unha cuestión neutra” afirma Peña quen alude a un certo “racionalismo” para explicar aspectos do camposanto, e tamén da Casa da Cultura de Fene, outra obra súa da mesma época.
Unha vez rematada esa primeira fase, acometeuse xa a construción dos nichos, deseñados polo daquela arquitecto municipal Juan Luis Dalda Escudero. A denominada mazá A incluía 768 nichos, lonxe aínda dos 5.700 da actualidade. O cemiterio municipal de Fene do campo da Arca en Barallobre, ocupa na actualidade unha parcela de 46.000 metros cadrados.

Sociedade