De Galicia a Madeira

De Galicia a Madeira
22 de Maio, 2024 - 08:01 h. | Publicada por Radio Fene

O fenés Miguel Portal Losada, do Club 21 Leguas, practica o trail e acaba de conseguir un moi bo resultado en Madeira, nunha das carreiras do circuíto mundial de ultra distancias, onde competía con deportistas de elite, profesionais ou semiprofesionais. 

ESCOITA O PODCAST:

Non só é correr, tamén hai que adaptarse ás circunstancias. Son retos que deben salvar deportistas como Miguel que adoita adestrar en Marraxón. Clasificouse 5º na xeral, 4º da categoría, e foi o segundo español nesta carreira polo monte. Nunha zona con grandes desniveis, correndo 85 quilómetros durante 10 horas e nun clima tropical, moi diferente ao noso.

Deportes

Publica o teu comentario agora