De ida e volta

De ida e volta
09 de Febreiro, 2026 - 11:26 h. | Publicada por Radio Fene

Desgusto do adestrador do Perlío B tras o partido do domingo. Cariño 5-3 Perlío B. “Foi un partido de ida e volta, con moitísimos goles e todos os que non puidemos materializar nós”, declarou a Radio Fene Gonzalo Beceiro.

ESCOITA O PODCAST:

“A pesar de marcar tres goles fóra da casa, recibir cinco é escandaloso”, opina Beceiro, disgustado polo partido. Está contento unicamente porque marcaron para o Perlío B os tres que xogan máis adiantados. “Nas cinco veces que remataron a porta conseguiron cinco goles, so se pode conseguir con acerto pleno deles e coa axuda nosa porque a oposición que lles puxemos non foi a suficiente”, fai autocrítica o técnico.  

Deportes

Publica o teu comentario agora