De invisibles a protagonistas: O documental que conta a historia non escrita da crise naval.

De invisibles a protagonistas: O documental que conta a historia non escrita da crise naval.
11 de Marzo, 2026 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

”É necesario poñer en valor o papel das mulleres na reconversión industrial de Ferrolterra, recoñecendo o seu traballo histórico e a súa loita social” indica a deputada de Igualdade Sol Agra. O documental promovido pola Deputación da Coruña e dirixido por Iago Varela pon o foco nas mulleres que actuaron como piar emocional e familiar durante o desmantelamento do sector naval, combatendo a súa invisibilidade no relato oficial e o negacionismo actual sobre a igualdade.

ESCOITA O PODCAST:

Conversa coa deputada de Igualdade Sol Agra:
https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/100326AGRA.mp3

Agra sinalou a importancia de visibilizar estas loitas históricas para que a mocidade coñeza o esforzo previo e non se perdan os dereitos actuais ante discursos que pretenden devolver á muller a un rol tradicional. A alcaldesa de Fene Sandra Permui impulsou a realización deste video “Mulleres da reconversión”, presentado o pasado venres nun acto na Casa da Cultura de Fene. 

Institucional

Publica o teu comentario agora