ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O alcalde de Ordes, Manuel Regos, recibiu onte a un grupo de alumnos e profesores de Lituania e Polonia que están a pasar uns días no municipio a través dun intercambio escolar con alumnos de IES Maruxa Mallo de Ordes. O rexedor interesouse pola súa estancia no municipio, así como os animou a ser partícipes de todos os encantos dos que dispón Ordes. “Espero que a vosa estancia en Ordes sirva para que vos levedes un bo recordo do noso municipio e que poi
Pola súa banda os profesores polacos e lituanos agradeceron ao alcalde a boa acollida que están a ter no municipio, así como lle mostraron as boas impresións que se están levando de Ordes. Ademais entregaron ao alcalde obsequios representativos dos seus pobos.
En total son 6 alumnos e 4 profesores polacos, e outros 6 alumnos e unha profesora lituana os que están visitando Ordes nestes días, nunha iniciativa enmarcada dentro do proxecto Comenius da Unión Europea no que participa o IES Maruxa Mallo xunto aos institutos do pobo lituano de Druskininkai e o polaco de Pszczyna. Un proxecto que ten unha duración de dous anos e polo que xa o ano pasado visitaran o municipio outros dous grupos de alumnos lituanos e polacos, así como escolares ordenses viaxaran en dúas ocasións a Lituania e unha a Polonia.
A finais do vindeiro mes de abril os alumnos ordenses, que están a acoller nestes días aos seus homónimos lituanos e polacos, viaxarán a Polonia, dando así por finalizadas as viaxes enmarcadas dentro deste programa. En total vixarán ao pobo de Pszczyna, 6 alumnos de 3º e 4º da ESO do IES Maruxa Mallo acompañados por profesores do centro.
Na recepción, participaron tamén os alumnos ordenses que están a acoller aos seus compañeiros polacos e lituanos, así como a directora do IES Maruxa Mallo, Rosa Mª Maceiras, e a coordinadora do programa, Isabel Mato, ademais dos concelleiros de Medio Ambiente, Jesús Pedreira, e a concelleira de Educación, Mocidade e Discapacidade do Concello de Ordes, Silvia Marín.