De maior quero ser policia

De maior quero ser policia

08 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

 “De maior quero ser policia”. É a conclusión á que chegaron o medio cento de alumnos e alumnas de 3 e 4 anos do colexio Centieiras de Perlio que esta mañán disfrutaron, na praza do concello de Fene (A Coruña) dunha experiencia relacionada coa educación viaria.

Os rapaces e rapazas de Educación Infantil atenderon ás explicacións dos axentes locais e membros de Protección civil. Subironse aos coches patrulla e falaron pola radio do veículo co xefe da policia municipal Juan Sanmartín. Encendéronlles as luces e as sereas dos coches e explicáronlles o significado dalgúns dos sinais de tráfico.
 
Leccións prácticas, nunha mañá soleada, que valen máis, seguro, que toda unha xornada metidos nas aulas. Fomentar a seguridade viaria e o coñecemento das normas de circulación entre os máis pequenos xustifica este tipo de ensinanzas a pé de coche patrulla. Ademáis desperta vocacións temperás pois os nenos e nenas sairón esta mañá abraiados polas luces, sereas e uniformes.

Sociedade