ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
De 80 anos a 10. Mulleres todas as idades lendo o escrito por outras mulleres. Poesía feminina e música para conmemorar o 8 de Marzo en Limodre. Por iniciativa dunha Asociación Veciñal que ten cinco mulleres na directiva. Falamos da celebración do 8M na parroquia fenesa de Limodre con Aurelia López.
“Limodre responde moi ben”, di con orgullo Aurelia López. A idea de celebrar o 8M con un acto no que todo o protagonismo é para as mulleres tivo moi boa acollida. Ata o punto de que reuniron de seguida vinte unha mulleres para ler poemas ou relatos de autoras galegas. O acto, con acceso libre, terá lugar na Escola de Limodre a partir das 18h. Rematará cunha actuación da cantautora Sofía Espiñeira e Aurelia pide que o público aguante ata o final porque teñen prevista “algunha sorpresiña moi emotiva”.
Publica o teu comentario agora