ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A polifonía das voces da coral de Navalmoral de la Mata (Cáceres) convenceu ao público asistente ao Festival de música celebrado o sábado 26 de setembro do 2009 nos locais da Asociación O Pote de Maniños (Fene A Coruña). As armonías logradas pola dirección de Juan Luís Manchado arrancaron os aplausos dos asistentes, gustando especialmente unha fermosa versión dos Cantares de Antonio Machado.
Os moralos e moralas realizaron antes do Festival de Música, unha completa visita turística á zona, cun paseo en lancha pola ría e con achegamentos ao parque da sociedade o Pote, á confraría de pescadores de Barallobre e ao paseo marítimo de San Valentín. A coral de Maniños acudirá agora a Extremadura para actuar alí o 21 de novembro.
En Maniños, a coral Amigos de la Música de Navalmoral de la Mata interpretou Señor me cansa la vida (A.Machado), Camino del Indio (F.Cabedo) Pimentonera (Popular de Extremadura) La Golondrina (José Pagán) Cantares (A.Machado) e Ojos españoles (V.Sanchís).
A coral polifónica de San Pablo, dirixida por Juan José Prieto Pastor, cantou O Rama (Adelino Martín - Edelmiro Mateo) Sen título (Vals) Como la flor (Eduardo Martin) Muradana, La Hamaca (J.Trayter) e a Foliada da ría de Marín.
A coral polifónica de Maniños, baixo a batuta de Miguel Brotóns, interpretou La reina del placer, Va pensiero, Adios lucero de mis noches, Mi viejo San Juan e Trouleada do sol gaiteiro.