ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O crime, dende Caín e Abel, ou dende Bruto e César, está na historia humana, como paixón primitiva e tamén ás veces como ferramenta de progreso. De luva branca ou de man enchoupada en sangue, asoma a diario nos xornais, nos noticiarios e, por suposto, na ficción, nas letras. En 1984 a literatura galega incorporouse a un xénero devorado con avidez por lectores de todo o mundo: o da novela policial. Aquel balazo primeiro
Deste xeito, os escritores Manuel Forcadela, Bieito Iglesias e Carlos Reigosa falarán na mesa redonda “Viaxe á historia da novela negra galega“. A vindeira mesa redonda explorarán o policial alén do literario, con Alberto Guntín, director de desenvolvemento de Voz Audiovisual e editor de guión das series Padre Casares e Matalobos, Manuel López Poy, xornalista e guionista de BD e Miguelanxo Prado, autor de BD.
Pola tarde, a mesa redonda “Xénero negro: máis aló do estereotipo” abordará os límites e os discursos subxacentes á novela negra, coa profesora Elena Losada e as escritoras Dolores Redondo e Domingo Villar. E, para rematar, na mesa redonda “Crime, memoria e identidade” participarán os escritores Diego Ameixeiras e Miguel Anxo Fernández, canda a xornalista Montse Dopico.
A xornada poderá seguirse en directo desde o web do Consello da Cultura Galega (consellodacultura.org) e culturagalega.org