De profesión, avogada

De profesión, avogada
23 de Xuño, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O alumnado que aprobou a ABAU pode preinscribirse ata o 1 de xullo na Universidade da Coruña. A oferta académica inclúe 3.285 prazas para novo alumnado en 54 graos. 120 prazas son en Dereito. Sobre o exercicio da avogacía falamos en Radio Fene coa letrada María Álvarez Real. 

ESCOITA O PODCAST:

As películas adoitan distorsionar a imaxe que temos dos avogados. Nin se levantan cando falan nos xuízos, nin levan perruca. Si teñen que levar toga, unha vestimenta que ten orixe na antiga Roma. “Representa seriedade e solemnidade”, explicou María. Sempre de cor negro. Deixaron usala so durante a pandemia e iso porque moitos avogados comparten a vestimenta. Os colexios de avogados teñen un servizo de togas que poden empregar nas dependencias que teñen nos xulgados. 

Para exercer, ademais de estudar a carreira e o máster obrigatorio, é imprescindible darse de alta no colexio de avogados, pagar seguro de autónomos…moitos gastos forman a cara b da profesión.

Sociedade

Publica o teu comentario agora