De Rusia a Esteiro

De Rusia a Esteiro
12 de Setembro, 2024 - 04:16 h. | Publicada por Radio Fene

Xa se pode subir ao Olimpo da Caricatura no Museo do Humor de Fene. Alí está instalada a exposición que reúne obra de 15 artistas internacionais, “de Rusia a Esteiro”, seleccionados por Xaquín Marín.

Artistas de renome, que acumulan centos de premios xuntos nunha exposición única que permanecerá aberta en Fene ata o 30 de outubro. No Olimpo de Fene están representados “os mellores do mundo”, a xuízo do humorista gráfico e fundador do Museo do Humor. Son Agim Sulaj (Albania, 1960), Alessandro Gatto (Italia, 1957), Ángel Boligán (Cuba, 1965), António Moreira Antunes, “António” (Portugal, 1953), Cau Gómez (Brasil, 1972), Dalcio Machado (Brasil, 1972), David Vela (España, 1967), Izabela Kowalska-Wieczorek (Polonia, 1955), Luc Descheemaeker, “O-Sekoer” (Bélxica, 1955), Mahboube Pakdel (Irán), Marilena Nardi (Italia, 1966), Michael Kountouris (Grecia, 1960), Mikhail M. Zlatkovsky (Rusia, 1944), Pawel Kuczynski (Polonia, 1976) e Siro López (España, 1943). De cada un amósanse tres obras, escollidas por eles mesmos, as que mellor definen a súa arte ou que consideran as máis representativas da súa traxectoria artística. 

Horario de visitas de luns a venres de 10 a 13 horas e de 16 a 21 horas, e os sábados, de 10 a 13 horas.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora