De sorte

De sorte
16 de Outubro, 2026 - 03:18 h. | Publicada por Radio Fene

Os preparativos das eleccións nas filas socialistas, a vivenda e o transporte público son algúns dos asuntos sobre os que se pronunciou no espazo As Foxas de Radio Fene a voceira municipal do PSOE, María Ares.

ESCOITA O PODCAST:

“Gañamos peso específico en Madrid, estamos de sorte”, di a voceira socialista no Concello de Fene sobre a candidatura aprobada esta semana polo Comité Provincial do PSOE, que debe ser referendada polos órganos galego e federal do seu partido. O concelleiro socialista de Ferrol Julián Reina ocupará o posto número dous na lista do PSOE ao Congreso nas eleccións do 29 de novembro. De número 1 irá a subdelegada do Goberno, Obdulia Taboadela. 

Transporte

“Son usuaria da liña Ferrol-A Coruña e sempre queda alguén sen praza”, denuncia a voceira socialista a situación do transporte público por estrada. “Se hai vontade política se pode solucionar”, sostén María Ares.  

Institucional

Publica o teu comentario agora