De tal feira, tal angueira

De tal feira, tal angueira
09 de Decembro, 2025 - 10:23 h. | Publicada por Radio Arzúa

De tal feira, tal angueira. Moitos postos de venda e visitantes concurriron onte na feira do dia 8 en Arzúa. A do 8 de decembro e máis a do 8 de agosto son duas das feiras máis importantes do ano na vila do queixo. Volverá haber feira o luns dia 22. O Concello de Arzúa fixo coincidir a feira de onte co Dia do comercio local. Os establecementos abriron as súas portas e houbo animación musical polas rúas ao longo de todo o dia.

Imaxe do recinto feiral de Arzúa

As boas temperaturas e o tempo seco contribuiron para unha boa feira.

 

Imaxe do recinto da feira en Arzúa, o 8 de decembro de 2025

Sociedade

Publica o teu comentario agora