De tapeo por Boiro

De tapeo por Boiro

28 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

A concellería de Turismo de Boiro, que dirixe Francisca Suárez Lijó, organiza un concurso de tapas entre bares e restaurantes da localidade. Entre hoxe e este sábado 30, en horario de mediodía e de noite, poderase degustar o mexillón de Boiro, elaborado de distintas formas: mexillón primaveira, mexillóns mariachi, brocheta de mexillón en tempura de almendra sobre crema de marisco,…e outras moitas tapas de inxenio que competirán por

O xurado estará formado por un representante do concello, cociñeiros recoñecidos e críticos gastronómicos. Tamén haberá un premio elegido pola clientela. Os establecementos participantes neste roteiro de tapeo son O Touliña, Gilligam´s Irish Tavern, A batea de Juan, Os dous de sempre, Castelao, Restaurante Arume, Bar Praza, Bar Fiada, Bar Baco e Restaurante Pimentón. 

Este certame é unha das accións do Proxecto de Dinamización Turística do Mexillón de Boiro, subvencionado con fondos europeos do Grupo de Acción Costeira.

Sociedade