De tapeo por Muimenta

De tapeo por Muimenta

27 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A Asociación de Empresarios de Muimenta, no Concello de Cospeito, pon en marcha por terceiro ano consecutivo o Concurso de Tapas. Celebrarase do 16 ó 20 de agosto a partir das 7 da tarde.

Oito bares da parroquia de Muimenta van ter que ir discurrindo cómo facer para ofrecer a mellor tapa cara a mediados do mes que ven. Un xurado formado por empresarios de hostelería, xornalistas e xente independente puntuarán e decidirán cal é, de todas as presentadas, a mellor tapa.  O local que elabore a tapa gañadora recibirá un agasallo. Pero tamén haberá regalos para o público participante. Serán dous vales de 200 euros: un para o “rosco”, que será aquel que se atreva a percorrer a ruta dos oito bares participantes; e outro para o voto individual da tapa.

A Asociación de Empresarios de Muimenta en colaboración coa Deputación de Lugo levan a cabo esta iniciativa.

Sociedade