De todo como en botica…

De todo como en botica…

08 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A Sociedade Deportiva Barallobre perdeu pola mínima ante o Galicia de Caranza nun mal partido dos verdinegros no campo do Ramo. O gol da vítoria do conxunto de Juan Carlos Arrojo foi obra de Emilio no primeiro tempo. O Cultural Maniños venceu ao Capela nos Calzados por 0 a 2 con tantos de Javi e Marcos Sánchez. Por último o Perlío empatou a tres tantos co Cariño a domicilio con goles de Ramón, Rober e Alvaro.

O Ortigueira e o Eume Deportivo continuan na parte de arriba da clasificación despois de gañar nos seus respectivos compromisos. O Ortigueira venceu por 2 a 3 en San Xoán ante o San Pablo e o Eume deportivo fixo o propio ante o Narón B no campo do Cadaval de Piñeiros. O equipo de Juan Fernández gañou con goles de Marcos Rubia e de Joaquín. O tanto da honra do Narón B chegou na segunda metade e foi obra de Carlos de penalti. Outros resultados da xornada foron;
SEGUNDA AUTONÓMICA. VIXÉSIMO SEGUNDA XORNADA.
ANIMAS-0 MUGARDOS B-0
MIÑO-1 NUMANCIA-2
S.SADURNIÑO-1 CEDEIRA-1
BARALLOBRE-0 CARANZA-1
A CAPELA-0 MANIÑOS-2
CARIÑO-3 PERLÍO-3
VALDOVIÑO- NARAHIO-
NARÓN B-1 EUME DEP-2
S.PABLO-2 ORTIGUEIRA-3

TERCEIRA AUTONÓMICA. VIXÉSIMO SEGUNDA XORNADA.
OS AMIGOS-3 RAPIDO NEDA-4
MONFERO-3 S.MATEO-7
MANDIÁ-0 ROSALIA-2
S.PEDRO-0 SOMOZAS B-5
MOECHE-1 CEBARCA-6
CAÑOLES-4 BEMANTES-4
ASPIRANTES- BERTÓN-

Deportes