De vacacións

De vacacións
05 de Xullo, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Planeamos as vacacións en Radio Animal coa veterinaria etóloga Noemí Graña. Que facer con cans e gatos se marchamos de viaxe?

 

ESCOITA O PODCAST:

“Os gatos mellor deixalos na casa, co cambio de domicilio estrésanse moitísimo”, aconsella Noemí. Se queremos viaxar co noso can hai que ter en conta as altas temperaturas do verán que poden facer perigoso tanto o desprazamento como a estancia se o animal non pode estar en lugares con aire acondicionado. Deixalos na casa e que un familiar ou amigo se faga cargo dos coidados é unha boa solución. Se o leva para o seu domicilio convén que dea paseos curtos por zonas que non sexan moi tumultuosas. E no caso de que vaia a un fogar con outro can hai que facer unha adaptación, recomendou Noemí, para evitar problemas de convivencia “aínda que sexan moi amigos fóra da casa, amiguiño si pero o porquiño polo que vale”.

Sociedade

Publica o teu comentario agora