De vacacións en Marte

De vacacións en Marte
16 de Febreiro, 2022 - 01:40 h. | Publicada por Radio Fene

Explicarei que facer en vacacións en Marte. Que facer, visitas e practica de deporte. Unha especie de tripadvisor marciano. Coñecemos moi ben a superficie dese planeta, pero a química, como funciona alí a natureza, continua a ser unha grande descoñecida. Na actualidade hai sondas buscando vida en organismos microbianos ou bacterias. Afírmao así o astrofísico e divulgador científico Borja Tosar.

ESCOITA O PODCAST:

“Vacacións marcianas” é o suxerinte título da conferencia que impartirá o astrofísico e divulgador científico Borja Tosar a partir das 19.30 horas desta tarde na Casa da Cultura de Fene. Se o tempo o permite, ao remate da charla, realizarase unha observación astronómica dende o Parque Castelao. A actividade encádrase no ciclo de divulgación científica ContandoCiencia que organiza a Biblioteca do IES de Fene coa colaboración da Concellería de Ensino de Fene. Entrada libre e de balde até completar o aforo. Borja Tosar é astrónomo e piloto. Estudou o Máster en Astronomía e Astrofísica e despois o Máster en Comunicación Científica, na Universidade Internacional de Valencia. É colaborador habitual do Planetario da Coruña onde fai as postais planetarias.

Sociedade

Publica o teu comentario agora