ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O 'Cocido do Orgullo' reivindica a igualdade "en todo" en Lalín cun amplo programa composto por seminarios, poesía, música e teatro, entre outras actividades, ademais dunha comida nos case 30 restaurantes acreditados co distintivo.
O programa do 'Cocido do Orgullo' arrincou o xoves e continúa o venres cun seminario, un recital de poesía e a proxección dun documental. Xa pola noite, ese día, haberá música na Praza da Igrexa co 'Festilalin', da man de Martín Maez e Davide Salvado.
O sábado haberá unha mostra de artesanía e gastronomía, unha exposición, talleres, xogos familiares e cooperativos, a presentación dun libro, sesión vermú, pregón, a comida --ás 14,30 horas, nos restaurantes acreditados--, zumba solidario, proxeccións e, de novo a partir das 22,30 horas, a continuación do 'Festilalin', con De Vacas, Ses e picadiscos.