Debate en Radio Fene das candidaturas ás eleccións municipais

Debate en Radio Fene das candidaturas ás eleccións municipais
22 de Maio, 2023 - 12:22 h. | Publicada por Radio Fene

Radio Fene organiza un debate entre as candidaturas que concurren ás eleccións municipais. Gumersindo Galego, Juventino Trigo, Joaquín Ayala e Mari Carmen Martinez confrontarán os seus programas e as súas intencións para os vindeiros catro anos. O programa será aberto ao público que poderá presenciar o evento con entrada de balde ata completar aforo. Desenvolveráse este mércores entre a unha do mediodia e as duas da tarde. Retransmitiráse por Radio Fene, no 107.7 da Frecuencia Modulada. Poderáse tamén seguir pola web www.radiofusion.gal

Fotografía Xan Xe

Partido Popular, BNG, PSdeG PSOE e Esquerda Unida debaten na radio local. Pasado mañá mércores á unha do mediodia. Radio Fene renova así o seu compromiso de servizo público. Da acollida a todas as opcións existentes na sociedade local. Reafirma a súa vontade de converterse en praza de concitación do diálogo e do debate social, de maiorías e de minorias. Difundir a pluralidade de voces entendemos que pode contribuir a extender o interese pola resolución dos problemas da comunidade e en consecuencia a unha maior participación.  Esa é a esencia da democracia. Radio Fene é o único medio de comunicación do mundo no que vai haber un debate sobre os programas electorais para Fene. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora