ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facerse cos terreos para que a Xunta constrúa un novo centro de saúde e axilizar obras pendentes son os deberes que lle pon o PSOE ao Goberno do Concello de Fene. Explicouno no espazo As Foxas o voceiro do grupo municipal socialista, Joaquín Ayala.

“Para o grupo socialista é unha débeda que ten o Goberno cos veciños”, apunta Ayala sobre a necesidade de obter os terreos para o novo centro de saúde de Fene. Tamén lle reclama “que axilicen a execución de obras aprobadas anos atrás do Plan de Obras da Deputación” e anunciou que este ano, nunha primeira achega, a Deputación destinará a Fene algo máis de 700.000 euros deste plan. Outro asunto que comentou o voceiro do PSOE foi o acordo da Fegamp coa Xunta sobre o financiamento do Servizos de Axuda no Fogar. Pensa que vai na boa dirección pero lembrou que a Xunta non asume as súas responsabilidades e iso é moi gravoso para as arcas do Concello.
Publica o teu comentario agora