Debullando cores

Debullando cores
04 de Xullo, 2022 - 04:35 h. | Publicada por Radio Fene

A conciliación, a creación e o adecentado de distintos espazos públicos a través da cor voltan a fusionarse en San Sadurniño. Xa está aberto o prazo de inscrición para os nenos e nenas de entre 8 e 14 anos.

O proxecto Debullando Cores está dirixido por Paula Aneiros. A artista plástica axúdalle á rapazada a darlle forma ao deseño, despois guía ás cativas e cativos na preparación dos elementos e, por último, oriéntaas e axúdalles na súa plasmación a tamaño real. Así se fixeron xa os murais que locen nos locais sociais de Santa Mariña, Igrexafeita, Lamas e Naraío e agora, nunha nova edición do obradoiro, tocaralles aos de Bardaos e Ferreira. O programa, igual que en 2020 e 2021, desenvolverase en dúas veces: en Bardaos do 11 ao 15 de xullo e en Ferreira na semana do 1 ao 5 de agosto. En ambos lugares haberá dúas quendas con 4 prazas cada unha, unha de 10:30 a 11:30 horas e outra de 11:30 a 12:30 da mañá, que se cubrirán por orde de inscrición en agustin.perez@sansadurnino.gal ou no 616 332 919.  Debullando cores “ será unha boa ocasión para que os nenos e nenas participantes expresaren toda a súa creatividade", tal e como indica a titular de Cultura do Concello de San Sadurniño, Amparo Calvo

 

Cultura

Publica o teu comentario agora