Decidirá a militancia

Decidirá a militancia

25 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O PSOE e o BNG de Fene deixan o futuro da coalición de goberno nas mans das suas asambleas de base. As afiliacións decidirán se continua ou non o pacto de goberno asinado no 2007. Na reunión celebrada onte durante duas horas e media non foron quen de achegar posturas. Así o confirmou o alcalde Iván Puentes, á saida da xuntanza. Cada organización expuxo os seus argumentos e discrepancias e agora será a militancia a que fale.

Manuel Polo asegurou que foron as bases do Bloque as que apoiaron o pacto ao principio do mandata e serán as bases as que decidan de novo.  O PSOE celebrará asamblea na mañán do domingo e o BNG o luns dia 29.

Sociedade