ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
"Non é un documento máis é unha decisión histórica para este concello”. Así valorou a voceira do PSOE no Concello de Fene, María Ares, o acordo da Corporación municipal para sacar a licitación a revisión do PXOM.

“Consideramos que Fene necesita un novo PXOM para poder desenvolverse e actualizarse”, opina María Ares. “Vai permitir ordenar o territorio, planificar o crecemento urbano, protexer o patrimonio e o medio ambiente, impulsar a actividade económica e mellorar as infraestruturas e, sobre todo, vai permitir a construción de vivenda no noso concello que está perdendo poboación por falta de vivenda” explica. A voceira socialista felicítase pola decisión da empresa Glekom de instalarse en Fene, pensa que o proxecto do Bloque está esgotado, reclama melloras no transporte público e pide máis control do servizo de axuda no fogar.
Publica o teu comentario agora