ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Entre os agasallos do Nadal hai un paquete que a oposición no Parlamento de Galicia non quere abrir. Trátase do borrador do novo decreto do galego no ensino cuxa presentación os axentes sociais en defensa do idioma coidan que a Xunta reservou para estas datas festivas co obxecto de reducir a confrontación social. Mais “presentar non é igual a aprobar”. Declarouno hai unha semana o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurando que qu
Núñez Feijóo desbota que traballara co secretario de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, nunhas “liñas mestras” para o texto e adiantou que, contrariamente ao feito polo bipartito “que non consultou con nadie”, vai tentar que “se enriqueza con achegas da sociedade civil” e manifestou o seu propósito de someter o documento á consideración da Real Academia Galega e do Consello da Cultura. Alberto Núñez Feijóo afirmou que quere garantirlle aos escolares “a liberdade a través do coñecemento das linguas” e tentará obter un “consenso” sobre o borrador que el xa detecta na rúa.
Malia o que declarou o presidente, o sindicato CIG-Ensino considera unha “agresión” o propósito de reducir a presenza do ensino en galego nas aulas por debaixo do 50 por cento que recolle o decreto aínda vixente. A Plataforma Queremos Galego, na que se insire, cualifica a actuación da Consellaría de Educación de “alevosa” por querer presentar a nova norma no medio das vacacións de Nadal. É por isto que fai un chamamento ao profesorado para que se manifeste en contra das políticas lingüísticas da Administracións, e lembra que, de prosperar o anunciado por Feijóo, convocará folga xeral no ensino, previsiblemente o día 21 de xaneiro. O voceiro de Queremos Galego, Fran Rei, afirmou en Radiofusiòn que será unha mobilización que “non atinxe só á comunidade educativa, senón a toda a sociedade”.
Sobre o punto de equilibrio entre as dúas linguas oficiais da Comunidade vénse de debatar no Simposio Ecolingua, cuxo coordinador, Henrique Monteagudo, explicou nas Emisoras Municipais Galegas que "o bilingüismo non é unha anomalía, como ás veces se presenta, senón unha realidade relativamente frecuente no mundo”. Monteagudo lembra que, en última instancia, “o futuro da lingua está nas nosas propias mans, que decidimos o papel que se lle dá ao idioma”.